Tuesday 07 de May de 2024

O concello abre o primeiro tramo da rolda peonil na rúa Alcalde Puga y Parga


 

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade remata as obras de mellora desta rúa do barrio de Catro Camiños, que “humanizan a zona e inclúen a habilitación dun carril bici”, seguindo as directrices do Plan de mobilidade que o concello acaba de presentar

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, visitou a as obras de mellora da rúa Alcalde Puga y Parga, no barrio de Catro Camiños, que esta concellería xa deu por rematadas.
Deste xeito, o concello abre o primeiro tramo da rolda peonil, que nas próximas semanas tamén engadirá novos segmentos. O máis próximo, o correspondente ás obras de mellora da rúa Ramón Cabanillas.

As obras da rúa Alcalde Puga y Parga, asegura Villoslada, “humanizan a zona” e inclúen a habilitación do carril bici, que continuará pola avenida Fernández Latorre até o tramo xa executado para as e os ciclistas na rotonda de Salgado Torres. Ademais, este carril bici tamén conectará cos Mallos, onde as rúas serán ciclables, xa que terán o límite de velocidade para os vehículos en 30 km/h.